26.5.05

DIFERENTES VISIÓNS DE EMIGRANTES

Este poema critica a emigración masiva d@s galeg@s en plena ditadura, producida pola pobreza orixinada a partir da acumulación das riquezas nos grandes cargos sociais. En lugar de loitar contra esta situación para poder vivir e permanecer na súa Terra, escapan coma galiñas a outros sitios que asemellan mellores, os chamados no poema galiñeiros, onde supoñían terían máis posibilidades, coma nas cidades, pero seguen a se ver limitados economicamente en moitos dos casos. Galiza acaba así por estar en calquera lugar, menos en Galiza. Esta xente é, dende certo punto de vista, mellor que @s compatriotas galeg@s, pois eses altos cargos que os botaran da terra tamén vivían nela. Críanse superiores ao resto e facían sufrir ás persoas que traballaban en postos "de menor importancia", quedándose ademais con todo. Pero, qué máis lle dá a esa xente, se seguro que algún día, tarde ou temprano, a alguén lle petará dar o primeiro paso, e entón tod@s o seguen e a cousa comeza a cambiar... Para que van facer nada agora? Para que van a se esforzar por cambiar as cousas e o seu futuro, a demostrar o que valen? Deben facer o posible por mellorar a súa situación, non deixarse vencer con tanta facilidade. Despois xorden os tópicos sociais...
ALEXIEL´05

----------------------------------------------------------------------------------
Fala dunha Galiza pobre, na que os señores e ricos teñen todo e deixan ao resto sen nada. Estes últimos vénse, pois, obrigados a emigrar. Lorenzo Varela fala d@s galeg@s como marxinad@s, galiñas que buscan outro sitio mellor na avanzada Europa, que vén sendo o galiñeiro. E todo iso fai ver e pensar que ser galeg@ é malo. Pero espera que algún día a xente se rebele e que cambien os roles da sociedade galega.
BY MARÍA