31.8.05

VERÁN...

Wolas! ^^ Perdoade que tardase tanto en meter algo novo aquí... E que estiven fóra da casa máis tempo do que en principio ía estar...(Se é que son medio viguesa xD) E en fin... Que empecei con algo... Filosófico? Porque sempre me dan venadas, e este foi o caso, cómo non xD
Estando en Vigo, contemplei de preto todos os incendios que rodeaban a zona... De preto, en fin, se cadra pásome... ^^U Dende Samil, víase todos os días o fume dun, de dous e de ata tres incendios pegados á praia... Dous desapareceron, pero outro volvíase prender sempre que volviamos... Ou debería dicir que o volvían prender, porque era demasiado evidente... Outro día, a cidade apareceu cuberta de fume. Achegámonos a Peinador, e dende alí víase a enorme estensión que abarcaba o peor incendio, en Pazos de Borbén... De volta, atopámonos xa con outro foco recén prendido... Ao día seguinte, a cidade amenceu cuberta polo fume, e iso que quedaba algo "lonxe"... A verdade, esa xente non me parece ben lista xD Falando mal e rápido, xa podían queimar os pelos do cú, con perdón xD
Por certo... SAUDOS SÉCHUUUUUUUUUUU!!! Que vexo que aínda visitas estas cousiñas que ti nos obrigaches a facer... xD :P
Aínda que pareza mentira, teño unhas ganas tremendas de que chegue o día da presentación... Si si... Así xa vos vexo, total non facemos nada ese día, e a semana seguinte aínda collo uns días máis de vacacións... Porque non vou facer a bestialidade do ano pasado nas festas, iso que o saibades xDDDDDDDDD
Veña, pasádeo ben este tempo que queda, e se ledes isto, M8S BKS PÑA!!! Ta pronto! n_o

CINZA...

Iso é o que queda ao final de todo e de tod@s...
Pero...
Por que rematar deste xeito con algo que é de todo o mundo, que pertence a xeracións
posteriores tanto como nos pertence a nós agora?
Algo grandioso e fermoso non se debería converter en cinza...
Qué razóns, mínimamente comprensibles, teñen estas persoas, se é que se poden chamar persoas, para facer algo así?
Ao meu parecer, ningunha...
Ou buscando algunha, cartos...
Para uns, a destrucción é fonte de riqueza...
Para outros, mero "hobby"... Pirómanos...
Vaia...
Se destrúes a natureza, destrúes unha parte de ti...
Ti es todo natureza...
Por qué vas en contra dela?
ALEXIEL