31.10.05

VAI SER POLA HORA...

Se pensas unha cousa, os demais acábanse dando conta, non? Será por iso. Nunca serei especial. Se non o creo nin eu, para que o debería facer o resto? Sería tontería, fan ben.Total... Prefiro ver o que me depara todo, a que me tapen os ollos... Nunca sentistes ganas de dicir: "Para que vallo? Que é o que debo facer? Que é o que sei facer? Bah, o mundo pode prescindir de min perfectamente...", incluso sabendo que en realidade si estás a facer algo, por mínimo que sexa, bo ou malo, ou, indo por outro camiño tal vez, pode tamén que penses: "Para que me quere a xente? De verdade lle importo a alguén, ou son un simple títere?", cando sabes que si lle importas a alguén, en maior ou menor medida, depende, ou tamén podes dicir: "Son a cousa máis imperfecta do mundo, non podo seguir así", cando o único que debes facer é asumilo, porque ninguén é perfecto, non te podes comer o tarro, pero pensas que dicindo calquera das cousas te vas sentir mellor, ou que algo pode mellorar, coma unha especie de psicoloxía á inversa... O problema e que non atopas eses "porqués", esas razóns que che fan sentir mellor, esas palabras ou eses xestos de afecto que esperas pero, volvéndoo pensar, ata que as merezas non as vas escoitar, ou non os vas recibir, e entón sintes confusión. Hai que loitar por facer o que queres, por manter as amizades e para que a xente te aprecie por como eres, non polo que poidas ser ou polo que poidas ter ou por cómo te poidan ver. E creo que aí está o máis grande dos meus defectos. Somos moi parecidos, e, as máis das veces, demasiado diferentes, e iso pode chegar a dar medo. Non sei se me sei explicar, nunca se me dou moi ben. Trabúcome e empezo a mesturar cousas sen sentido ningún. Non sei cómo describir o que sinto neste momento, porque é algo realmente indefinible... Alo menos para min. Remata o mundo? Énchese de sombras? Ou só é na miña cabeza?... Creo que son demasiado excéntrica. Nunca vexo as cousas claras, outras veces idealizo demasiado sen darme de conta, e dou de cheo contra o chan, e outras...En fin, para exemplo isto que estades lendo... A verdade e que isto que estou escribindo outro día vouno ler e vou dicir: "Non me estraña nada que me pase o que me pasa, ás veces digo cada cousa... Qué ridícula son". Sen embargo, estou segura de que todo o mundo pasou ou pasará polo mesmo, e non unha ou dúas veces, senon continuamente. Porque debe ser cousa da idade (ou das hormonas... Isto da adolescencia... xDDD). Nin eu entendo o que estou poñendo... Mira que chego a ser cansina... Mellor marcho para outra parte.

ALEXIEL

27.10.05

ADEUS PRINCESA

Está apartado do rabaño.
Porque non sabe a onde vai.
Pito tras pito envólvese en soidade.
A vella botella de Vozka segue alí.
Entre negro fume e escuridade míraa.
Íspea paseniñamente e susúrralle princesa.
A vida pasa; pasa e pesa.

Está canso de peinar tirabuzóns.
E afogado pola melancolía.
Os seus anos teñen catro invernos.
Deberiamos morrer aos trinta.
Agora xa nada ten sentido.
Para qué escribir cancións de amor.
A vella botella de Vozka segue alí.
Ela non pensa que estea tolo.
Fora chove.
As pingueiras pesan.
Desfaise dos recordos, un a un.
Cerra a porta e comeza a camiñar.
Por un camiño de vacío.
Que non leva a ningures.
A vella botella de Vozka queda atrás.
Adeus princesa.
BY MARÍA

21.10.05

OU ESTA? (MARÍA 2ª PARTE :P)

ESTA? (MARÍA)

18.10.05

VoLvO!

Que pasa xente!Aquí estou de novo! E dieredes"NOOOOooomm...!" mais eu digo"SIIIiiiiiii...! Home entendo que ser espectadores do que ocorre no meu subconsciente pode ser algo caótico, pero que lle queredes, falar coas paredes está moi visto. Levo dende que acabou o curso pasado dicíndolle a Alex, un día destes a ver se meto algo no blog, e xa vedes o cansina que podo chegar a ser porque ata hoxe nada. O caso é que esta tarde xuntáronse moitas razóns, entre elas que teño deberes, chove, na miña casa fai frío (non sabedes o quentiños que se está aquí na biblioteca, e hai Internet gratis... Unhas cañiñas e estou no ceo), miña nai quedaba berrando, paso de quedar soa coa avoa... En fin, soltei que ía facer un traballo de tecnoloxía e aquí estou. Estiven pensando na xente, porque mira que ai xente rara, e a min co que me gusta analizar... Todos somos distintos pero, non credes que hai dous tipos de personalidade que nos agrupan (polo menos aos da miña idade)? Poñamos un exemplo, ti vas a unha festa das de por aquí e o que ves é sempre o mesmo: @s que se fan os borrachos e se poñen a facer o tolo (pode ser coa moto/coche ou o tolo a secas) simplemente para que se fixen neles, os que andan detrás de calquera tipa buscando en que pasar a noite, as que se poñen a ensinar todo e a intentar que lles entren[...] Os deste saco son xente moi sinxela, só actúan por motivos absurdos; pero tamén ai outro tipo de persoas, @s que non se dan analizado psicoloxicamente, que teñen as ideas máis claras, que van ao seu, xente interesante, curioso... Non sei a que vén todo isto, ás veces asústome, estoume raiando que meto medo... Creo que me teño que ir, e paso de dar explicacións así que... Aburiño!
BY MARÍA