30.6.05

WOLASSSS OTHER TIME XD

Aquí tou outra vez! Si, é exactamente o que estades a pensar: esta tipa non debe ter nada mellor que facer xD Esta mañá vou tar aquí nas Cruces :) E wenu, sinceramente, pois si, non sei en qué pasar o tempo, porque aínda é un pouco cedo... Non son nin as 9 da mañá, e tendo en conta que practicamente acabamos de empezar as vacacións éche moi cedo... xD E dixen: Baaaah, pos vaaale, pos vi a escribí argo xD E aquí me tedes, poñendo cousas sen sentido. O que fai o aburrimento... xD Estiven pensando en facer un blogue anexo pa meter todas estas paridas miñas. Vou consultar á xente, aer se os vexo hoxe :) jia jia xD jurl :P Wasssuuuup! Conseguín meterlle a Tag Board e máis o Poll! jia jia Se é que cando non teño nada que facer... xD Pois eña, que xa non sei qué máis poñer (weno, minto, pero mellor non sigo xDDDDDD). Ta lué! :D
P.D.: MARÍAAAAAAA!!!! QUE ME FALTA UNHA FOTO TÚAAAAAAAA!!!!! XD :P
ALEXIEL

27.6.05

SEN EMBARGO...

Wenuuuuuu, menudo día o venres... Rañando a barriga coma os dous días anteriores, ou colándonos nas clases que non nos correspondían por bloque... xD E logo... Jurl... E logo... Así, de repente... Jurl... 40 EURIÑOS PARA O BOLSILLIÑO POR FACER ALGO QUE ME GUSTA FACER!!! Un debuxiño que o único que fixeron foi escanearmo jia jia :D (graciñas á xente que me votou ^o^). Non contaba con eles para nada, pero mira, benvidos sexan xD E non soamente eu, jeje... Jurl... xD Despois, Tomaaaaa!!! Saír de primeiriñ@s na movida esta das representacións, e mira ti, eu prefíroo así, que canto antes acabes menos nervosa quedas :) Fomos un pouco rápido de máis, pero á xente gustoulle (vai, que houbo xente que nos dixo que lle gustara :P), e ao final, a ver os dos demais. Sen embargo, despois... Jurl... Despois xa chegan eses momentos que a min non me gustan nada... Eses momentos que sabes que, por unha tempada, van ser case os últimos... Porque os últimos foron os de hoxe... Si, hoxe fomos polas notas... Cegueime, porque non me quería poñer sentimental alí, e púxenme a pensar noutra cousa que, total, non sei se irei a facer, pero que me serviu para non me poñer nostálxica neses intres. Senón síntome incómoda, e digo, vou pensar outra cousa, e pensei na tatuaxe que supostamente me vou facer, pero que nin diso estou segura, así que pensei, simplemente, ben, pódoa facer, ben. Pero realmente non era o que me importaba. Simplemente era para iso. Os últimos momentos, alomenos, nunha tempada... En fin... Xa vos boto de menos.
ALEXIEL

20.6.05

MARÍA

Un día de fumadón, un amigo díxome que lle gustaba falar del en 3ª persoa. A min pegoume a risa... Pero agora enténdoo... Eu agora quérovos falar de min e non sei cómo empezar, así que, se non vos importa, prefiro facelo en terceira persoa... :)
María naceu en Fontao hai 15 anos. De pequeniña caeulle o chupete na eira e, cando foi recollelo, non estaba. Choraba coma unha desgraciada porque por moito que buscaba non o atopaba. Entón, súa nai díxolle que o comeran as galiñas... Pero non era certo... Só fora unha estratexia para sacarlle o pete á pobre nena... A simple vista non parece preocupante, pero é que dende esas acarrea un trauma :(
Vive en Vila de Cruces, cursando 4º da ESO, e ten amigos e amigas coma todo o mundo. Gústalle facer cousas mal vistas, polo simple feito de que así, cando sexa vella, poderá fardar diante da súa descendencia dicindo: Oe nen@, eu cando tiña os teus anos fixen *-*#!@-*#!!?*!
BY MARÍA

19.6.05

REFLEXIÓN E TOMA DE CONCIENCIA

Brothers & Sisters of Metal, saúdos cordiais.
Moit@s preguntaranse por qué hai tan poucas mozas no metal. A resposta é moi sinxela: o Heavy, en todas as súas formas, propón valores tradicionalmente masculinos (velocidade, forza, liberdade, brutalidade, fantasía, política...). Por outra banda, o Pop presenta valores tradicionalmente femininos (sumisión, ir á moda, alegría, superficialidade, romance...). Por sorte, as mulleres xa non están pola labor de aceptar esa triste forma de relacionar os roles nas súas vidas.
Hai xente que pensa que as Heavies son feas... Eu non o creo. Seguro que os que se queixan son uns Apolos de bronceado musculoso e espléndidas melenas ao vento, pero eu non vexo que a parte masculina da metalería sexa demasiado atractiva. Algún ata é máis feo que Gollum comendo un limón, pero en xeral os "metalheads" teñen máis pinta de pasarse máis tempo nos bares que nos ximnasios. Eu recomendo que antes de criticar nos mirasemos ao espello...
BY MARÍA

16.6.05

SSSSSEEEEEEEEE VILIIIIIIIIIIIIIIIII!!!!!!


Sucesor de Tego Calderón...
E dirán: "Que flipaoooooooo!!!!"
E eu digo: Que pasa Neeeeeeeennnnggggg!!!!! Subidooooónnnnn!!!!
Se queredes saber máis:

Virlli´s Site :)

15.6.05

SÉCHU... PENSAR TANTO É MALO... XD (MÁIS COUSAS QUE NOS PASAN POLA CABEZA...)

Cando non che pasa nada pola cabeza é difícil escribir o que che pasa pola cabeza. E non che queda outro remedio que pensar algo rápido, e, como non atopas nada en qué pensar, a situación vólvese incómoda e bloquéaste. É como cando chegas con dous días de retraso á casa e non se che ocorre unha escusa para poñerlle a túa nai; aí é cando te bloqueas, a situación vólvese incómoda, empezas a soltar paranoias, unha detrás doutra, como estou facendo eu agora. por iso non me gusta dicir o que penso cando non penso nada. Quén me dera estar tirada no sofá. Había de non pensar en nada. Só tería que estar alí. Se quixera pensar, pensaría, senón non. Pero estou aquí e teño que escribir o que me pasa pola cabeza e como non se me pasa nada invéntoo. Aínda que a verdade xa non sei se estou inventando ou pensando... Igual penso sen darme conta... En fin, mellor é non pensar, non che entran estes dilemas.
BY MARÍA
---------------------------------------------------------------------------------
Atópome mal. Síntome mareada. Váiseme a cabeza, non a podo manter ergueita. Váiseme. Teño que mantela queda. Se a movo moito, voume. Non é a primeira vez que me pasa. Estou agotada. Non podo máis. Vai ser o sono. Vai ser que apenas durmo dende fai unha tempada. Vai ser que... Qué agobio! Teño ganas de que pasen estas dúas putas semanas! Vou botar de menos á xente. Tod@s están lonxe de min. Non vai ser o mesmo. Apenas @s verei. Non sei aínda moi ben cómo farei. O perfecto sería que estivesemos no insti, pero non fixesemos exames nin estudiaramos. Iso estaría ben. Quero que isto remate. E, por outra parte, non. Pero quero acabar con estes agobios, non ter que preocuparme tanto por todo. E quero durmir cona! Non sei de qué me queixo, se é culpa miña... Porque nunca aprendo e sempre deixo as cousas para o último momento. Por que non son capaz de organizar o meu tempo? Despois o tempo non se recupera, pasa sen máis, e non espera por ninguén. Este verán... Non me organizo e despois cánsome enseguida, e arrepíntome de non aproveitar ben cada momento. E cando me arrepinto, non estou ben. Algunha xente sábeo ben. Por que na vida hai que escoller sempre? Merda, síntome mal outra vez. Síntome fatal. Merda, isto é unha merda. Quero que se acabe, e non quero. Non podo máis. Síntome agotada, sen forzas nin vontade. E teño que escribir o que estea a pensar... Juer Séchu, que non me apetece un carallo escribir!!! E despois teño exame... Xa me estou comendo a cabeza. Por que sempre o fago? Non o podo evitar. Xa non podo máis. Xíntome mal. Non me dou centrado en nada. Estou vendo que me vou quedar en branco. Porque intento pensar, e xa estou en branco, Non sei que pasará. Non podo máis. Vou estoupar. Xa se acabou. Xa acabei. Síntoo, non vou escribir máis. Vou acabar de escoitar ao Hendrix. Gústame como soa. Qué forza transmite... (non está completo, pero non vou poñer máis... Por certo, por se Araceli le isto... Que si, era ese exame... Que o tirón de orellas sobraba jo... :( O caso é que aínda me saiu moito mellor do que esperaba :) (aínda que esa non sexa escusa... n.ñU))
ALEXIEL´05

"UNOS PÁJAROS DE CUIDADO"...

Imos comezar, evidentemente, por Séchu... Séchu é... É... Mmmm... Cómo dicilo... Diferente? Siiii... Séchu é diferente... É diferente si... En fin... É algo fóra do común... E iso mola... Porque é orixinal... Porque non nos fai exames e tal... E está guai... Non por iso lle queremos facer a pelota... Noooooonnnn... @ que o pense, está equivocad@... Ou tal vez non... En fin... Cómo nos raiamos...
Mariño... Mariño tamén é diferente... Pero noutro sentido... É máis complexo... Siiiii... Quén entende a Mariño? ...
[...]
Pero ten o seu lado bo... Bo? Digamos o seu lado... Salvaxe... Andorra e Italia... Aí a xente coñeceu ao verdadeiro Mariño... Que si que siiii... É difícil de crer, pero... Pero... Mellor non digo nada máis...
Araceli... Que non pon deces nin con soborno... Iso non está ben, nooooonnn... Pero tamén é booooaaa... Que si que siiii... É moi comprensiva e axuda... Cando quere... Porque ao pobre Ucho deixouno traumatizado... Non con mala intención... Pero esa psicoloxía posavaliación non é boa tampouco... Nooonn...
Carmen Souto... Que non descendemos do lemuuuurrr, que descendemos dos que descenden do lemuuuuurrr... Ela tamén é diferente... Tamén no seu campo... Porque... Porque... É moi redundante... Con tal de non darche a razón, da unha de voltas pola parra... Caaaarmen, dicímoscho polo teu beeeen, non es perfecta... Ninguén o é, así que ti tampoucoooo... E nos exames... Coidado coas mateeeeesssss... Que nos enteramos de todo, e non se poden quitar décimas así como asiiiiií... E non sexas testaruuuuudaaa... Que falar galego nas clases non che fai maaaaaaaaaaalllll...
Anxo... Anxo... Anxo... Qué pasota ereeeesss...Gústanos... Aínda que a túa dinámica tamén é diferente... A ver... Non entendemos a día de hoxe a túa forma de facer as cousas... Pero o curso xa remata... Por iso cho dicimos agora... Explicas moi raro... Pero non te preocupes, que os exames falos moi ben... Porque podémonos expresar así como sabemos e tal... E iso gústanooosss... E deixa de facer muecas... Que temos ooooolloooosss... E eses rabuñazos no pescozo... Son sopeitooooosos... Ti tamén debes ter o lado salvaxe de Mariño... Uiiiii... Dádesnos meeeeedo... Aghrrrr...
Pepa... Ai, Pepiiiiña...! Pepa... Ti tamén eres singular, muller... Pero... O teu si que é incomprensible... Porque... É que non te entendemos... E coidado coas raiiiícesss... Que reflicten a luz... E veeémolaaas... E non te fagas a remolooooona... Que fas que non te enteras das cousas, e sabes de sobra que non te entendeeeeemosss... Non sabemos o que expliiiiicaaasss... E esperemos que te portes ben este veeeeenreeesss... Porque un exame de todo o curso contigo pode ser mortaaaalll... E queremos ver O Señor dos Aneisss... Non dar claaaaseee... E a ver se endendemos dunha vez a historia oculta da peliiiícula... Aínda que xa buscamos a nosa propia... JE... JE... JE!
A ti, Mari Jose... Mira que te coñecemos pilliiiina... Podémoste chantaxear... Si si, sabes perfectamente do que estamos a falar... Non intentes tapar os ollos nin disimuuuulesss... Que tamén o sabe toda a claaaase... Que temos testemuuuuñas... Que si que si... Na libraría hai moitos folios e laaaápices... E os lápices non veñen en paqueeeetes...
Eva... Eviiiiñaaaa... Ole mi niiiña... Pois mira... Non somos ximnastas profesionaaaais... E ti sáaaabelooo... Pero tamén miras para outro laaaado... Moito vos gusta facer iiisssoooo... Facer que mirades para as moscas... Ou realmente é o que facedes? ... Vai ti saber... Ti tamén es diferente... Todos o sodes... Pero cada un á súa maneira particular... E acórdate das regueeeeifas... Sabemos o que fíxeches de mooooza... Que si que siiiii... Que non somos tooooont@s... Estabas moi alegre e contáchesnos o teu segreeeedo... Máis ben escapóuuuuuseche... Pero nós pillámolas no aaaaire... E encántanos a chantaaaaxe... Queremos boas noooootaaaaaaaaaaaaaaaaaasss... Siiiiiii...
Loooola... A nosa cristiana favoriiiita... Xa non discutimos contiiigooo... É inuuuuútil... E a ver cando nos explicas o de... Iso, que os bebés nin veñen de París, nin os trae a cigüeña, nin se atopan nunha colifloooorrr... Que o amor sen preservativo non impide a reproducción masiiiiiva... Nin as enfermidaaaaades... E non se poden confundir os nomes da xeeeeente... Ai Lola, Lolita, Lola... Que che van quitar puntos no carneeeeé... Ir pola estrada co coche mentres rezas o Rosario é perigoso, que esas cousas descentran a cabeeeeza... Ándate con olliiiiño, que hoxe en día todo é conducción temeraaaaria... Que si que si...Ti si que es diferente... Pero tes un defecto... Aínda non nos deches a coñecer o teu lado salvaaaxe... E iso de poñernos pelis sopas non funciona connosco... Nooooooooonnn... Temos as ideas moi fiiiixas, e non se nos pode lavar o cereeeeebro... Que aquí temos a toda unha veterana resistindo coas moooonxas... E elas tampouco puideeeeron... Xa son dous anos contigo... Acórdate de nooooós... E coidadiño cos gaaaatos... E sigue así coa túa feeeee... Que o respectaaaamos... Que tod@s temos algunha forma de pasar o tempiiiiño...
Manolo... O teu... O teu é diferente de máis... Porque oe, que falar está ben... Pero sempre de motos e talleres e carreiras e viaxes en moto e motos por aquí e circuítos por acolá... Que tampouco faltaron outros temas... Dillo a Jorge... Pero ese, non o tomes a mal... Deixámolo un pouco raiado... Que si que si... Pero non eres mal tipo... Nooon...
Ana Belén... Jo tía... O sea... Vale?... Lo entiendes, no?... Sabemos que eres moi traballadoooora... Pero non fai falta que nolo recordes a todas hoooooras... E ti tamén debes ser dese grupiiiiño... Siiiiiiiiiiiiiii... Desa especie de secta que pasa de nós e fai que non se entera de naaaaaada...Que non te entendemos, tía, sabes?... Explicas moi raaaaro... Nos entiendes?... E as láminas que nos dás para que as fagamos nós... Por favor... Que caaaaadrennnn... Porque senooooón... Pasa o que paaasa... Porque é normal que paaaaase... Que logo descentrámonos e non sabemos o que temos diaaaante... E unha cousiiiiña... Que non somos fillos de Leonardo Da Vinnnnnnci... Que xa hai moitos anos que morreeeeu... E non sabemos pintar coma eeeeelllll... É a crúa realidaaaaade... Aínda que queiras que fagamos marabiiiiillaasss... E con tanta teoriiiiía... E que non te asimilaaaamos... Ai Belén, Belén... É imposiiible...
Hai Antoniño Antoniiiiiñooo... Perdes moito os neeeervos... As tilas son boooooas.... Que siiiiiiiiiiiiiii... De verdaaaaaaade... Que a porta non se abre así coma asiiiiiiiiiiiií... Que se estamos no corredor é por aaaaaalgo... Hai que darlle tempo a Tania a subir as escaleeeeeiras... E logo tena que abriiiiir... Cos dentes non damos... Si si, Antonio... Ti tamén es diferente... Cómo non... E que nos gustan os xerseis que che fai túa avoa... Moi ben feitiiiiiños... Pero para vir ao instituto... E mira... Somos de poucos recursos lingüísticos... Éche o que hai...
Aurora... Éticamente falando... E bo rolliño ehhh... Ti tamén perdes un pouco o rumbo... Non fagas coma Antonio mulleriiiiña... Que eres boa tipa, pero ás veceeeeessss... E a todo o mundo haille que puntuar o traballo que fai... Que si que si... Que se unha persoa fai o mesmo ca outra, tratando sobre o mesmo, non se lle pode poñer a unha un 7 e a outra un 5... Iso non é ético nin moraaaaal... E a ver se poñemos zapatos da taaaalla... Porque podes tropezar, e unha cousa que se chama gravidade faite caer ao chaaaannn... Senón dillo a Newton... Pobre, menudo chichón lle debeu quedar... E xa nos cansamos de escribir... Ala...
Ao profesorado en xeral... Agora en serio... Todo isto é de bo rolliño eh, non o facemos con mala fe, aínda que se a alguén lle parece mal, cambiámolo. Pero non é para que o tomedes a mal nin nada polo estilo :) Que pasedes un bo verán tamén ^o^ Bicos para tod@s :)

14.6.05

FIN DE TEMPADA...

Dúas semanas... Dúas semanas para que remate o curso... Vacacións de verán... Para uns/has, descanso, traballo para outr@s, incluso haberá quen teña que seguir estudiando (que non deixa de ser traballo)... Pero para tod@s nostalxia... Alomenos para min... Nesta época sempre me poño algo triste, pero agora é cando máis, este curso... Este curso foi o mellor da miña vida, aínda que poida parecer unha tontería. O mellor, e con diferencia. E vou botar moitísimo de menos a toda esa xente que vía todos os días e que aínda verei durante estas dúas semanas escasas; non podo crer aínda que xa non a verei durante moito tempo. E, en especial... En fin, esa xente especial saberá, se le isto, que son el@s, porque sei que o saben (ou se cadra algún/ha non, porque a verdade non o adoito demostrar). En fin, que sen vós, non vou ter con quén meterme e voume aburrir... xD (é coña). En fin, espero vervos algún que outro finde, e aer se tamén nas festiñas, ou incluso na praia, vai ti saber! jeje ;P Eña, un bikazo para tod@s. E pasádeo o mellor que poidades!!! (que conste que imos seguir publicando neste blog... Polo menos eu, que xa lle pillei o gustiño xD así que xa sabedes, se tedes Internet a man, e estades desesperad@s sen saber qué facer, e vos apetece pasar o tempo paranoiando un cachiño, xa sabedes ;D)
E ISO, EN FIN...
ALEXIEL

12.6.05

VIVINDO NUNHA REALIDADE ILÓXICA

Estou debuxando, e, de repente, todo se volve escuro. O folio ilumínase, e o debuxo cobra vida, sae do papel. A luz volve sen avisar. Miro ao meu redor, e atópome nun lugar que nunca vira, misterioso, escuro, abandonado. O debuxo guíame por aquel estraño sitio, sen falar en ningún momento, sen saber eu aínda cómo era a súa voz. De súpeto, todo se deforma, a paisaxe torna a debuxada; agora o único raro alí era eu, aínda que para min o raro era todo aquilo. Síntome soa, confusa, unha gran frustración. Teño ganas de chorar.
ALEXIEL´04

XA VES QUE COUSAS SE NOS VEÑEN Á CABEZA...

Eu estaba un día paseando polo monte e escoitei un ruído moi forte. Seguín andando e cheguei a unha praia. O mar estaba embravecido e o ruído era cada vez máis forte. Na praia non había ninguén e eu seguín andando, ata que me atopei con algo na area. Parecía unha man, así que empecei a apartar a area e tirei por ela. Cando acabei, co que me atopei foi cunha muller morta. Collín algo de medo, polo que a voltei soterrar. O ruído era cada vez máis forte e eu tiña medo. Empecei a correr, pero por máis que corría non podía saír da praia.
BY MARÍA
----------------------------------------------------------------------------------
Por que é tan sinxelo rematar coa vida de calquera ser? Podes matar a quen che pete cando che dea a gana, que, total, a xustiza pronto te deixa saír do cárcere. A vida é fráxil. Amor, soidade, fortaleza, covardía... Os sentimentos humanos son moi complexos, nin nós mesm@s os entendemos. Ás veces ata podemos chegar a envexar a outros seres sen esa capacidade de razoamento que nos diferencia. Ás veces queremos estar sen iso que nos fai únic@s: os sentimentos e a personalidade. Non sei, é raro. O traballo, por que ese tópico de que nos amarga tanto? Eu non sei outra xente, pero eu, sen facer nada, apalancada na casa, abúrrome, non me sinto viva, preciso facer algo, mínimo que sexa. Se cadra son un becho raro, pero, nese sentido, non o creo. No fondo, tod@s fan igual; necesitamos razóns para vivir o día a día. Hai cousas que golpean moi forte na túa vida, outras que nos fan cambiar tanto unhas veces, menos, outras veces. E incluso sen darnos de conta. Cousas que se clavan no máis profundo de nós mesm@s, ás veces tamén inconscientemente; non sabemos que as temos. Pero é preciso que pasen cousas así, para poder sentirnos human@s. Alguén sen dor ou sen vivenzas é coma se non estivese, coma se non vivira, coma se non existise. E case sempre temos medo de vivir, medo da vida.
ALEXIEL´05

AS NOSAS VERSIÓNS...

Bobie entra sempre no mesmo bar porque lle gusta a camareira.
A súa muller queda na casa fregando os cacharros.
É un home que pasa de todo e vive a vida,
emborráchase, pégalle aos fillos e pínchase nas esquinas.
Ei, Bobie! Vas polo lado máis bravo da vida.
BY MARÍA
Miry era unha rapaza chea de cousas boas,
con ganas de vivir unha vida que non é vida,
cambiando o bo que tiña por cousas que non merecen a pena,
botándose a perder ante as realidades da súa sociedade e vida imaxinarias.
Ei, Miry! Vas polo lado salvaxe da vida.
ALEXIEL´05
Fraga vén de Vigo.
Pero non sei se viría do inferno.
Eu creo que hai que poñerlle as cousas claras.
Que se viñese de Vigo sería demasiado digno.
Ei, Fraga! Vas polo lado fascista da vida...
VIRLLI

DELIBEREMOS...

E chegar, e non encontrar.
Os ignorantes non saben, non.
E poñer a chaqueta encima da cama.
Os invidentes antes eran cegos.
E romper coa realidade presente,
que a cultura está en pedazos,
e non se debe meter un cos elefantes,
que os ignorantes non saben, non.
E os privilexiados din que si,
que Elvis desapareceu.
E Manzanita?
Todo mentira.
As baleas rinse das troitas,
por que será?
"A vida é demasiado importante
como para tomala en serio",
dixo Oscar Wilde.
E eu fágolle caso,
que seica era moi listo, si.
E colón non descubriu América,
que se foda! Por listo,
que os ignorantes non saben, non.
E hai que ter coidado coas troitas,
que ás veces elas tamén se rin.
Por que cerramos a porta do baño
cando sabemos que estamos sós?
Manías. A cultura está en pedazos.
E por que a man dereita se ri
sempre da man esquerda?
Todo é un vaso vacío.
E por que cerramos os ollos para durmir?
Os burros non son tontos.
Iso que quede claro.
Que os ignorantes non saben, ou si?
Ata eles se rin de nós.
E fai as maletas
e non deixes a chaqueta enriba da cama.
Lailolailo lailolailo(BIS)
Os homes non choran.
Os elefantes tampouco.
E as troitas?
Epi e Blas non eran tontos,
pobres incautos.
E non se debe meter un cos elefantes,
que tamén escriben cancións de amor.
"Comment tu t´appelles?"
As cousas nin se crean nin se destrúen,
que antes un peso éranche moitos cartos.
E os privilexiados din sempre din que si.
Os ignorantes non saben.
Por que petamos nas portas?
Denunciemos esta sociedade
e matemolos a todos,
pero deixemos aos burros,
que eles non son tontos,
que os ignorantes non saben, non,
e non se debe meter un cos elefantes,
que os pobres non saben chorar.
Por que se derrete a manteiga?
Manías, A cultura está en pedazos.
BY MARÍA (colaboracións: ESTEBAN)

SSA ALEEEEEEEXXXX!!! :D

Aer qué tal... Graciñas a Zhytos!!! n,ô
E agora máis dun/ha dirá... Wa que flipadaaaaaaaa!!!!!
E eu dígolles... Nunca facedes calquera cousa para pasar o tempo cando vos aburrides?
xD

9.6.05

NO BUSCADOR...

8.6.05

CULTURA GÓTICA

Lede aquí. Como xa din ao principio, é imposible describir a un/ha gótic@, pero aquí hai algunha cousiña interesante. E que conste que, referíndome á última parte... Digan o que digan, que non nego que sexa verdade ou non, eu escóitoo igual xD

6.6.05

NON ME DIGAS NUNCA QUE...

... O pasado non conta no presente,
hai cousas que se olvidan,
pero outras prevalecen,
sempre se teñen en conta,
sempre as tes en conta,
sempre pensas téndoas en conta,
sempre as relacionas co presente.
Hai cousas que nunca cambian,
hai persoas que nunca cambian,
hai persoas que sempre están aí,
outras nunca, outras, pode ser.
E iso é difícil de cambiar,
diría máis, imposible de cambiar.
Non depende de ti.
Non te podes agobiar,
non te martirices,
aínda que sexa duro de sufrir,
aínda que che doia;
NUNCA TE DERRUBES,
nunca fagas ver o teu sufrimento
ante a xente que cho provoca,
farante sufrir máis.
SÉ TI MESM@,
NON TE DEIXES INFLUÍR,
TES QUE TER PERSONALIDADE PROPIA.
NON DEIXES QUE TE ASOBALLEN,
TI ERES MÁIS FORTE, TEN VONTADE.
Toma as túas propias decisións.
O pasado sempre estará presente,
de calquera xeito,
de calquera forma,
dalgunha maneira.
Hai cousas que prevalecen.
Pero tampouco te quedes nelas.
Mira cara ao futuro,
mira cara cousas novas,
novas posibilidades,
novas vivenzas,
e víveo, sen medo,
e aprendendo dos erros do pasado.
NON TEÑAS MEDO DE CONFIAR,
SÓ COIDA DE CONFIAR DÚAS VECES.
ALEXIEL´04

PERSPECTIVAS DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN...

Penso que...
a)Por un lado, restrinximos a nosa propia liberdade. Aínda que se diga que temos total liberdade de expresión, por suposto tendo en conta que a liberdade de calquera remata onde comeza a dos demais, é relativa. Sempre nos condicionamos por diversos factores. Por exemplo, o medo ao ridículo. Cantas veces reprimimos os nosos sentimentos por medo a crítecas que o resto poida facer sobre iso? Ou, outro exemplo, "socialmente". Pódese dar o caso de que, por querer estar dentro dun (por chamalo dalgún xeito) grupo ou categoría social, cambies a túa forma de ser real só por encaixar, e así tamén condiciones a túa forma de actuar. Pero estas formas de "liberdade relativa", pois resumindo, dende certo punto de vista, non teñen fundamento. Por que tes que te reprimir ou cambiar a túa forma de ser polo que diga o resto? Poida que haxa outros motivos detrás desa conducta, pero tampouco veñen ao caso.
b)Por outro, é o mundo o que nos restrinxe. Falemos, por exemplo, de HAI QUE BOTALOS. Se tanta liberdade de expresión temos, por que atravesou e atravesa tantas dificultades?
>Por unha banda, aos de "arriba" non lles conviña e punto. Os que están, pois, "debaixo", dependen deles, e terán que facer todo segundo a súa vontade. Ademais, o presuposto da película non partiu de ningunha subvención, precisamente por este motivo. Hai xente quere que todo saia adiante tamén, pero ninguén se dispón a dar o primeiro paso, e ninguén pon cartos tampouco. Aínda así, cun ano de duro traballo e moitos pesares, o vídeo conseguiu saír á luz. Tivo e ten boa acollida, o que indica que a xente está de acordo, ou quere coñecer outros puntos de vista das cousas: QUERE LIBERDADE DE EXPRESIÓN.
>Quizais a parte criticable da película sexan os insultos e as faltas de respecto. Está xenial, por suposto, criticar as actuacións de diversa xente, dicir o que fixo mal, facerlles ver o que quere o pobo, e facerlles ver ao pobo cómo é esa xente. Pero todo ten un límite, e penso que iso poderíase dicir sen tanta... Rotundidade? E é comprensible que usen o máis mínimo para intentar botar abaixo o proxecto, pois non lles favorece, e por iso, para ter as cousas un pouco máis fáciles tal vez, ou para non lles poñer unha escusa de críteca dese tipo, puideron suavizar un pouco o asunto, para eliminar obstáculos (que sempre rematar por se buscar outros motivos, pero alomenos...).
Aí queda a cousa.
ALEXIEL´05

---------------------------------------------------------------------------------
A liberdade de expresión é poder expoñer libremente a túa opinión persoal sobre algo. Poder dicir, gústame isto, ou isto ou non me gusta. Poder poñer a camiseta de Nunca Máis cando Fraga veu inaugurar a biblioteca, sen que a bibliotecaria te mande coa leria a outro lado. Poder dicir a verdade diante de tod@s, aínda que esta non beneficie a algúns/as. Poder opinar sobre calquera tema. Poder dicir, hoxe non como sopa. Poder falar sen limitacións nun programa radiofónico sobre o que pensas da política ou de calquera outra cousa.
E ademais de todo isto, é un dereito que temos tod@s, e non nolo poden quitar, que xa non esamos na ditadura, que Franco xa morreu. Non se pode enganar á xente dicindo só o que lle convén a determinada xente.

BY MARÍA

COUSAS QUE CONTAR

Ola! Que tal? Vai, voume presentar. Chámome Sara e teño catro anos. A xente maior di que aínda son demasiado pequena para comprender certas cousas, e se cadra é certo, porque non os entendo... A min, como aos meus amigos e amigas, gústame moito ir xogar ao parque, alí sempre atopo xente dos meus anos e divírtome. Pois ben, o outro día ía eu polo parque, e nisto vexo a un mozo e a unha moza que falaban así moi pegadiños. A cousa moito non me estrañaba, vin a máis xente dese xeito, pero é que, de súpeto, comezaron a facer algo realmente raro: xuntaban as súas bocas e parecía que falaban. Eu xa tiña visto ao meu pai así con miña nai, pero non sei o motivo polo que o fan. Meus colegas din o mesmo. Xa ves. Aínda así, preguntáballe a miña nai por que facían iso, e ela díxome que desa forma se transmitía mellor a lingua, e que se dicían palabras que non se poderían dicir doutra maneira. Pero nese momento seguía a ter as miñas dúbidas... Total, que lle volvín preguntar a mamá por que o tipo e a tipa do parque facían aquilo. “Estábanse contando historias. Seguramente era algo moi interesante. Por iso falaban tan pretiño, tan pegadiños”, explicábame miña nai. Non sei por que será, pero é que eu aínda non me entero de nada. Vai ser iso. Entón decidín coller a Patosín, un dos meus peluchiños favoritos, e probar a contarlle as cousas así. Pero debía ser que el non abría a boca, ou algo así, porque non conseguín contarlle nada. Vin que a cousa non funcionaba. E dixen: “Mañá probo con Migueliño! A ver se o consigo comprender dunha vez!”. Migueliño é un amigo da escola ao que sempre lle conto todo. Á mañá seguinte, tan pronto o vin, comeceille a falar daquela estraña maneira. Non sei por que, pero o caso é que súa nai miroume con unha cara moi rara, apartouno de min e rosmou algunhas cousas que non cheguei a escoitar. Se cadra non lle gustou o que lle dixen. E eu agora penso: a próxima vez que lle queira dicir algo a Migueliño, como o fago? Porque non me gusta que súa nai me mire así. Vaite ti saber o que lle conta á miña despois! Co mal xenio que teñen ámbas as dúas calquera non ten medo... Éche o que hai...E grazas que só lle quería contar unha cousa, se chegan a ser máis... En fin, xa ves ti o que pasa. O mellor de todo é que aínda non pillei o tema...
ALEXIEL´05

MEMORIAS DUNHA LINGUA INFELIZ

Son unha lingua, de mediana idade, vermella, 5cm de longo, 3 de ancho e abundantes papilas gustativas. Sufro depresión e angustia dende os 16 anos. Xa non aguanto máis.
Nacín nunha boca que me acolleu moi ben. Ao principio, cando era moi pequeniña, non estaba moi ben definida e non lle daba xeito ningún a iso de falar. Pero, co tempo, de tanto que me falaban e me falaban, funlle collendo traza e empecei a dicir cousas como teño fame ou quero durmir. E cos anos fun evolucionando, pasei das frases simples ás compostas e cheguei a ter un vocabulario moi estenso. Falaba con meu pai máis con miña nai, co avó e coa avoa, coa veciñanza, co can... Falaba con todo o mundo, e pensaba que me atopaba na mellor boca do mundo. Era unha lingua feliz.
Pero todo isto cambiou cando cumprín os 16: leváronme a un instituto da cidade para estudar. Alí empezaron a chegar á miña boca novas linguas, aínda que iso non me preocupaba, porque está ben facer amigas. O problema chegou cando a miña boca, a que me levara dentro dende pequena, comezou a deixarme de lado. Tíname alí nun curruncho, sen deixarme falar con ninguén. Un bo día abandonoume, deixoume tirada no caixón dos calcetíns. No meu sitio, unha nova lingua, que seica era moito máis guai, máis prestixiosa, máis culta, máis fina, estendíase mellor cos amigos, bla bla bla, bla bla bla... E EU QUE!!!? Aínda hoxe continúo esperando que me veña buscar ao caixón dos calcetíns... :_(

BY MARÍA

3.6.05

ABRE OS OLLOS, CERRA A LINGUA (VA-CA.ORG)

É um facto mil vezes comprovado que em Galiza levantas umha pedra e sai um filólogo, seja profissional ou amador. Esta caste quase-sacerdotal (mas com raros fregueses) dedicou os trabalhos e os dias a inventar, promover e cultivar cousas tais como o galego popular, o galego culto, o neo-chapurrado, os máximos, os mínimos, o maximin, o galego histórico, o agalês, o galego-português, o português da Galiza, o ilgarraga, o raggamuffin e tantas outras variantes capazes de suscitar tanto entusiasmo entre os seus promotores como receio entre os seus detractores e apatia entre a populaçom em geral. As orelheiras academicistas nom lhes permitiram aos nossos lingüistas reflectir sobre umha curiosa intuiçom filológica popular, inexplicavelmente ignorada nos departamentos (nom nos corredores) universitários: falamos, com efeito, do galego cerrado.

- Dicen que es muy listo/a, pero habla un gallego tan cerrado… No se le entiende ni papa.

Na nossa vida diária ouvimos constantemente esta frase, que nos lembra um conhecido desenho de Castelao, o grande humorista ánti-colonial. E é que o conceito de “galego cerrado”, de enorme vitalidade entre nós, constitui a síntese perfeita do psicolonialismo ou colonialismo mental: o espanhol considerado como medida de todas as cousas. Falar à moda espanhola é falar normal, falar à galega é falar cerrado.

Assim, todos e todas concordamos em que Evaristo Currás fala um galego mais cerrado do que Paula Vázquez (que nom fala cerrado em absoluto); isto significa que, de facto, temos interiorizado um grave complexo colonial que somente pode ser extirpado mediante o método de Diógenes: se che chamam cam (cinos, em grego) reivindica o cinismo. A partir desta convicçom, a Via Ánti-Colonial Activa, vanguarda nacional retranqueira, asume e promove o hermetismo lingüístico, que se realiza no dia-a-dia mediante umha ortofonia plural (o galego cerrado) e umha ortografia também plural (a luso-reintegracionista). Só mediante a efectiva inserçom de Galiza na Lusofonia e o abandono da logo-dependência a respeito do espanhol, poderemos descolonizar-nos. Daí afirmarmos que galego reintegrado é galego cerrado: cerrado ao espanhol, off course, mas aberto ao mundo. A reintegraçom do galego no sistema lingüístico que lhe é próprio reivindicamo-la, como corresponde à VA-CA., com um mote bóvido: galego, volta ao rego.

A Via Ánti-Colonial Activa tenciona desenvolver acções específicas para reivindicar o galego cerrado como galego correcto e universal, fazendo esta reivindicaçom compatível com o maior carinho e respeito cara aos/às neo-falantes, futuro do nosso idioma, que tenhem direito a se incorporar a umha língua autêntica e viva. FALA-ME CERRADO!!!

1.6.05

VERSOS ANÓNIMOS

O fume do tabaco
que fumaba
estendíase coma smog londinense
e baixaba a néboa, ata vosoutros.

VERSOS DE LUCÍA ALDAO SÁNCHEZ

Pero é que chegas cada día co pelo máis longo
e a boca que pouco a pouco che fun borrando
nun intento de renomear aquela estancia enfermiza
nunha habitación co mar/sen mar.

VERSOS DE MARÍA LÓPEZ JIMÉNEZ

Non quero dos teus ollos cando miran
mornas estrelas acendidas,
porque tamén amo as túas bágoas.