27.9.05

XA, CLARO...

Os anxos do Ceo teñen os ollos marróns,
de mirar á Terra;
os da Terra, azuis,
de mirar ao Ceo...
...
Dáseme demasiado ben esconder os meus sentimentos.
Tanto, que incluso logro que permanezan ocultos a min mesma.
Quen máis é capaz de lograr iso?
Amei, ou só sentín?
A vida é así.
Perdida estiven contigo...
Ou só mo asemella a min?
Ogallá sexa así...
Derriba o muro...
...
Ás veces, a noite desexa,
ama e envexa
o esplendor de cada unha
das súas estrelas...
Pero nunca o acada...
Sempre é a noite...
Escura, fría...
Gústame a noite co seu ceo estrelado...
A ti?
...
Sempre igual,
pa non variar.
Non confiar, fartar.
Menuda merda:
o mundo real.
ALEXIEL

25.9.05

EU?

Teño ganas de chorar e, sen embargo, non son capaz.
Teño ganas de falar con alguén, e tampoco dou.
Teño ganas de aprender a ser persoa, e é imposible.
O raro son eu.
Por que non me sei relacionar coa xente?
Non me entendo.
E intento comprender aos demais, pero son coma un muro.
Escoito impasible, e non son capaz de responder.
A pouca xente lle importo, porque non sei demostrar o que el@s me importan a min.
Porque non sei expresar os meus sentimentos.
E as poucas veces que o consigo, non sei se realmente o fago.
Non me entendo.
Quen me entende?
ALEXIEL

16.9.05

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¿¿¿???!!!!!!!!!!

Cruzáronseme eses cables
e xa tiven o cortocircuíto...
Por outra parte,
é coma se aínda estivesen no seu sitio...
Non podo seguir así
Que fago?!
Non sei o que hai na miña cabeza...
ALEXIEL

14.9.05

PROCURANDO RESPOSTAS...

Que significan realmente o amor e a amizade?
...
Existen o amor eterno, ou as amizades para sempre?

...
Cal é o límite entre amizade e amor? E se o sobrepasas?
...

Como sabes que de verdade queres a alguén? E como poder saber se ese alguén de verdade te quere?
...
Como sabes cando realmente confiar en alguén?

...
De verdade podemos chegar a coñecer realmente a outra persoa?
...

Quen remata cunha relación de calquera tipo? Ti ou @ outr@?
...
Por que lle botamos a culpa á outra persoa? E se en realidade somos nós @s culpables?

...
De verdade está escrito o destino? De verdade hai xente que o coñeza?
...

Gustaríame coñecer o meu
...
Deus existe? Que ou quen é exactamente?
...
Eu teño a miña propia resposta para cada unha destas preguntas...

Pero...
Interésalle a alguén?
...
Seguro que non...
Cadaquén ten a súa propia visión da realidade
...

Algunhas das miñas respostas son cada vez máis confusas...
Podo coñecer as túas?
...

Non sei o que sinto por ti...
Sabes ti o que sintes por min?
Seguro que nada...
...
Gustaríame coñecer as túas respostas...
Pero...
Queres ti coñecer as miñas?
ALEXIEL