26.5.05

O GALEGO NAS CIDADES E NA INMIGRACIÓN

Ei, si, ti que estás lendo isto. Algunha vez te paraches a pensar por que nas cidades galegas existe unha situación diglósica tan diferenciada do galego con respeto ao castelán? Cara ao galego, lingua da nosa cultura, do noso pobo, da nosa tradición? Por que a chegan a rexeitar dese modo? Que teñen realmente en contra dela? Poida que crean que o progreso consiste realmente en unificar esa cultura, ese pobo, esa tradición, e, por tanto, unificar a lingua. Pero están moi equivocad@s. É certo que hai moita máis diversidade en canto a nazonalidades en núcleos urbanos, polas posibilidades e servizos que nel se ofrecen, e, como consecuencia, máis diversidade de linguas, sendo precisamente aí onde se garda a clave: a diversidade. Non por defender a nosa lingua temos que rexeitar outras. É máis, non sempre nos van entender cando nos expresemos en galego. Pero ese non é motivo para minorizalo dese xeito, non se ten por qué dar esa situación de estrema diglosia. Ademais, unha lingua para que está se non é para ser usada e falada? Se eres galeg@ residente en Galiza dende sempre non vexo motivo polo que non fales galego. Outra historia é que veñas de fóra e non esteas en absoluto familiarizad@ con el. Pero precisamente por ser ti quen vén a esta nosa Terra, deberías ser ti quen se adaptase e aprendese o noso falar, e non pretender que sexamos nós quen nos adaptemos a ti. Isto non ten para nada por qué suponer un rexeitamento da túa lingua e cultura, nin unha imposición da nosa, simplemente se trata dun paso adiante cara esa convivencia e tolerancia. Claro está que tamén hai que ser un pouco comprensiv@s e dar tempo de aprendizaxe, é imposible asimilalo dun día para outro. Pero non te podes negar a acoller o que che ofrece a xente que te acolle a ti. Por tanto, o galego aínda debería ser máis utilizado e fomentado en todos os ámbitos dentro das cidades, porque adoita ser onde máis se da esa mestizaxe cultural e, por tanto, onde mellor o dariamos a coñecer, mostrando así o aprezo que lle sentimos. Iso si, dicindo isto non pretendo para nada discriminar á xente do rural, pois unha gran parte desta tradición lingüística debémoslla a el@s. E recorda: a clave está na diversidade, non en ser copias doutr@s. Temos que ter signos propios de identidade.
ALEXIEL´05