27.9.05

XA, CLARO...

Os anxos do Ceo teñen os ollos marróns,
de mirar á Terra;
os da Terra, azuis,
de mirar ao Ceo...
...
Dáseme demasiado ben esconder os meus sentimentos.
Tanto, que incluso logro que permanezan ocultos a min mesma.
Quen máis é capaz de lograr iso?
Amei, ou só sentín?
A vida é así.
Perdida estiven contigo...
Ou só mo asemella a min?
Ogallá sexa así...
Derriba o muro...
...
Ás veces, a noite desexa,
ama e envexa
o esplendor de cada unha
das súas estrelas...
Pero nunca o acada...
Sempre é a noite...
Escura, fría...
Gústame a noite co seu ceo estrelado...
A ti?
...
Sempre igual,
pa non variar.
Non confiar, fartar.
Menuda merda:
o mundo real.
ALEXIEL