19.6.05

REFLEXIÓN E TOMA DE CONCIENCIA

Brothers & Sisters of Metal, saúdos cordiais.
Moit@s preguntaranse por qué hai tan poucas mozas no metal. A resposta é moi sinxela: o Heavy, en todas as súas formas, propón valores tradicionalmente masculinos (velocidade, forza, liberdade, brutalidade, fantasía, política...). Por outra banda, o Pop presenta valores tradicionalmente femininos (sumisión, ir á moda, alegría, superficialidade, romance...). Por sorte, as mulleres xa non están pola labor de aceptar esa triste forma de relacionar os roles nas súas vidas.
Hai xente que pensa que as Heavies son feas... Eu non o creo. Seguro que os que se queixan son uns Apolos de bronceado musculoso e espléndidas melenas ao vento, pero eu non vexo que a parte masculina da metalería sexa demasiado atractiva. Algún ata é máis feo que Gollum comendo un limón, pero en xeral os "metalheads" teñen máis pinta de pasarse máis tempo nos bares que nos ximnasios. Eu recomendo que antes de criticar nos mirasemos ao espello...
BY MARÍA