31.8.05

CINZA...

Iso é o que queda ao final de todo e de tod@s...
Pero...
Por que rematar deste xeito con algo que é de todo o mundo, que pertence a xeracións
posteriores tanto como nos pertence a nós agora?
Algo grandioso e fermoso non se debería converter en cinza...
Qué razóns, mínimamente comprensibles, teñen estas persoas, se é que se poden chamar persoas, para facer algo así?
Ao meu parecer, ningunha...
Ou buscando algunha, cartos...
Para uns, a destrucción é fonte de riqueza...
Para outros, mero "hobby"... Pirómanos...
Vaia...
Se destrúes a natureza, destrúes unha parte de ti...
Ti es todo natureza...
Por qué vas en contra dela?
ALEXIEL