27.6.05

SEN EMBARGO...

Wenuuuuuu, menudo día o venres... Rañando a barriga coma os dous días anteriores, ou colándonos nas clases que non nos correspondían por bloque... xD E logo... Jurl... E logo... Así, de repente... Jurl... 40 EURIÑOS PARA O BOLSILLIÑO POR FACER ALGO QUE ME GUSTA FACER!!! Un debuxiño que o único que fixeron foi escanearmo jia jia :D (graciñas á xente que me votou ^o^). Non contaba con eles para nada, pero mira, benvidos sexan xD E non soamente eu, jeje... Jurl... xD Despois, Tomaaaaa!!! Saír de primeiriñ@s na movida esta das representacións, e mira ti, eu prefíroo así, que canto antes acabes menos nervosa quedas :) Fomos un pouco rápido de máis, pero á xente gustoulle (vai, que houbo xente que nos dixo que lle gustara :P), e ao final, a ver os dos demais. Sen embargo, despois... Jurl... Despois xa chegan eses momentos que a min non me gustan nada... Eses momentos que sabes que, por unha tempada, van ser case os últimos... Porque os últimos foron os de hoxe... Si, hoxe fomos polas notas... Cegueime, porque non me quería poñer sentimental alí, e púxenme a pensar noutra cousa que, total, non sei se irei a facer, pero que me serviu para non me poñer nostálxica neses intres. Senón síntome incómoda, e digo, vou pensar outra cousa, e pensei na tatuaxe que supostamente me vou facer, pero que nin diso estou segura, así que pensei, simplemente, ben, pódoa facer, ben. Pero realmente non era o que me importaba. Simplemente era para iso. Os últimos momentos, alomenos, nunha tempada... En fin... Xa vos boto de menos.
ALEXIEL