20.6.05

MARÍA

Un día de fumadón, un amigo díxome que lle gustaba falar del en 3ª persoa. A min pegoume a risa... Pero agora enténdoo... Eu agora quérovos falar de min e non sei cómo empezar, así que, se non vos importa, prefiro facelo en terceira persoa... :)
María naceu en Fontao hai 15 anos. De pequeniña caeulle o chupete na eira e, cando foi recollelo, non estaba. Choraba coma unha desgraciada porque por moito que buscaba non o atopaba. Entón, súa nai díxolle que o comeran as galiñas... Pero non era certo... Só fora unha estratexia para sacarlle o pete á pobre nena... A simple vista non parece preocupante, pero é que dende esas acarrea un trauma :(
Vive en Vila de Cruces, cursando 4º da ESO, e ten amigos e amigas coma todo o mundo. Gústalle facer cousas mal vistas, polo simple feito de que así, cando sexa vella, poderá fardar diante da súa descendencia dicindo: Oe nen@, eu cando tiña os teus anos fixen *-*#!@-*#!!?*!
BY MARÍA

1 Comments:

Blogger Sabela said...

A mim dixêrom-me que o comera o cam :___(

03:08  

Publicar un comentario

<< Home