31.10.05

VAI SER POLA HORA...

Se pensas unha cousa, os demais acábanse dando conta, non? Será por iso. Nunca serei especial. Se non o creo nin eu, para que o debería facer o resto? Sería tontería, fan ben.Total... Prefiro ver o que me depara todo, a que me tapen os ollos... Nunca sentistes ganas de dicir: "Para que vallo? Que é o que debo facer? Que é o que sei facer? Bah, o mundo pode prescindir de min perfectamente...", incluso sabendo que en realidade si estás a facer algo, por mínimo que sexa, bo ou malo, ou, indo por outro camiño tal vez, pode tamén que penses: "Para que me quere a xente? De verdade lle importo a alguén, ou son un simple títere?", cando sabes que si lle importas a alguén, en maior ou menor medida, depende, ou tamén podes dicir: "Son a cousa máis imperfecta do mundo, non podo seguir así", cando o único que debes facer é asumilo, porque ninguén é perfecto, non te podes comer o tarro, pero pensas que dicindo calquera das cousas te vas sentir mellor, ou que algo pode mellorar, coma unha especie de psicoloxía á inversa... O problema e que non atopas eses "porqués", esas razóns que che fan sentir mellor, esas palabras ou eses xestos de afecto que esperas pero, volvéndoo pensar, ata que as merezas non as vas escoitar, ou non os vas recibir, e entón sintes confusión. Hai que loitar por facer o que queres, por manter as amizades e para que a xente te aprecie por como eres, non polo que poidas ser ou polo que poidas ter ou por cómo te poidan ver. E creo que aí está o máis grande dos meus defectos. Somos moi parecidos, e, as máis das veces, demasiado diferentes, e iso pode chegar a dar medo. Non sei se me sei explicar, nunca se me dou moi ben. Trabúcome e empezo a mesturar cousas sen sentido ningún. Non sei cómo describir o que sinto neste momento, porque é algo realmente indefinible... Alo menos para min. Remata o mundo? Énchese de sombras? Ou só é na miña cabeza?... Creo que son demasiado excéntrica. Nunca vexo as cousas claras, outras veces idealizo demasiado sen darme de conta, e dou de cheo contra o chan, e outras...En fin, para exemplo isto que estades lendo... A verdade e que isto que estou escribindo outro día vouno ler e vou dicir: "Non me estraña nada que me pase o que me pasa, ás veces digo cada cousa... Qué ridícula son". Sen embargo, estou segura de que todo o mundo pasou ou pasará polo mesmo, e non unha ou dúas veces, senon continuamente. Porque debe ser cousa da idade (ou das hormonas... Isto da adolescencia... xDDD). Nin eu entendo o que estou poñendo... Mira que chego a ser cansina... Mellor marcho para outra parte.

ALEXIEL