12.6.05

DELIBEREMOS...

E chegar, e non encontrar.
Os ignorantes non saben, non.
E poñer a chaqueta encima da cama.
Os invidentes antes eran cegos.
E romper coa realidade presente,
que a cultura está en pedazos,
e non se debe meter un cos elefantes,
que os ignorantes non saben, non.
E os privilexiados din que si,
que Elvis desapareceu.
E Manzanita?
Todo mentira.
As baleas rinse das troitas,
por que será?
"A vida é demasiado importante
como para tomala en serio",
dixo Oscar Wilde.
E eu fágolle caso,
que seica era moi listo, si.
E colón non descubriu América,
que se foda! Por listo,
que os ignorantes non saben, non.
E hai que ter coidado coas troitas,
que ás veces elas tamén se rin.
Por que cerramos a porta do baño
cando sabemos que estamos sós?
Manías. A cultura está en pedazos.
E por que a man dereita se ri
sempre da man esquerda?
Todo é un vaso vacío.
E por que cerramos os ollos para durmir?
Os burros non son tontos.
Iso que quede claro.
Que os ignorantes non saben, ou si?
Ata eles se rin de nós.
E fai as maletas
e non deixes a chaqueta enriba da cama.
Lailolailo lailolailo(BIS)
Os homes non choran.
Os elefantes tampouco.
E as troitas?
Epi e Blas non eran tontos,
pobres incautos.
E non se debe meter un cos elefantes,
que tamén escriben cancións de amor.
"Comment tu t´appelles?"
As cousas nin se crean nin se destrúen,
que antes un peso éranche moitos cartos.
E os privilexiados din sempre din que si.
Os ignorantes non saben.
Por que petamos nas portas?
Denunciemos esta sociedade
e matemolos a todos,
pero deixemos aos burros,
que eles non son tontos,
que os ignorantes non saben, non,
e non se debe meter un cos elefantes,
que os pobres non saben chorar.
Por que se derrete a manteiga?
Manías, A cultura está en pedazos.
BY MARÍA (colaboracións: ESTEBAN)