6.6.05

NON ME DIGAS NUNCA QUE...

... O pasado non conta no presente,
hai cousas que se olvidan,
pero outras prevalecen,
sempre se teñen en conta,
sempre as tes en conta,
sempre pensas téndoas en conta,
sempre as relacionas co presente.
Hai cousas que nunca cambian,
hai persoas que nunca cambian,
hai persoas que sempre están aí,
outras nunca, outras, pode ser.
E iso é difícil de cambiar,
diría máis, imposible de cambiar.
Non depende de ti.
Non te podes agobiar,
non te martirices,
aínda que sexa duro de sufrir,
aínda que che doia;
NUNCA TE DERRUBES,
nunca fagas ver o teu sufrimento
ante a xente que cho provoca,
farante sufrir máis.
SÉ TI MESM@,
NON TE DEIXES INFLUÍR,
TES QUE TER PERSONALIDADE PROPIA.
NON DEIXES QUE TE ASOBALLEN,
TI ERES MÁIS FORTE, TEN VONTADE.
Toma as túas propias decisións.
O pasado sempre estará presente,
de calquera xeito,
de calquera forma,
dalgunha maneira.
Hai cousas que prevalecen.
Pero tampouco te quedes nelas.
Mira cara ao futuro,
mira cara cousas novas,
novas posibilidades,
novas vivenzas,
e víveo, sen medo,
e aprendendo dos erros do pasado.
NON TEÑAS MEDO DE CONFIAR,
SÓ COIDA DE CONFIAR DÚAS VECES.
ALEXIEL´04