6.6.05

PERSPECTIVAS DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN...

Penso que...
a)Por un lado, restrinximos a nosa propia liberdade. Aínda que se diga que temos total liberdade de expresión, por suposto tendo en conta que a liberdade de calquera remata onde comeza a dos demais, é relativa. Sempre nos condicionamos por diversos factores. Por exemplo, o medo ao ridículo. Cantas veces reprimimos os nosos sentimentos por medo a crítecas que o resto poida facer sobre iso? Ou, outro exemplo, "socialmente". Pódese dar o caso de que, por querer estar dentro dun (por chamalo dalgún xeito) grupo ou categoría social, cambies a túa forma de ser real só por encaixar, e así tamén condiciones a túa forma de actuar. Pero estas formas de "liberdade relativa", pois resumindo, dende certo punto de vista, non teñen fundamento. Por que tes que te reprimir ou cambiar a túa forma de ser polo que diga o resto? Poida que haxa outros motivos detrás desa conducta, pero tampouco veñen ao caso.
b)Por outro, é o mundo o que nos restrinxe. Falemos, por exemplo, de HAI QUE BOTALOS. Se tanta liberdade de expresión temos, por que atravesou e atravesa tantas dificultades?
>Por unha banda, aos de "arriba" non lles conviña e punto. Os que están, pois, "debaixo", dependen deles, e terán que facer todo segundo a súa vontade. Ademais, o presuposto da película non partiu de ningunha subvención, precisamente por este motivo. Hai xente quere que todo saia adiante tamén, pero ninguén se dispón a dar o primeiro paso, e ninguén pon cartos tampouco. Aínda así, cun ano de duro traballo e moitos pesares, o vídeo conseguiu saír á luz. Tivo e ten boa acollida, o que indica que a xente está de acordo, ou quere coñecer outros puntos de vista das cousas: QUERE LIBERDADE DE EXPRESIÓN.
>Quizais a parte criticable da película sexan os insultos e as faltas de respecto. Está xenial, por suposto, criticar as actuacións de diversa xente, dicir o que fixo mal, facerlles ver o que quere o pobo, e facerlles ver ao pobo cómo é esa xente. Pero todo ten un límite, e penso que iso poderíase dicir sen tanta... Rotundidade? E é comprensible que usen o máis mínimo para intentar botar abaixo o proxecto, pois non lles favorece, e por iso, para ter as cousas un pouco máis fáciles tal vez, ou para non lles poñer unha escusa de críteca dese tipo, puideron suavizar un pouco o asunto, para eliminar obstáculos (que sempre rematar por se buscar outros motivos, pero alomenos...).
Aí queda a cousa.
ALEXIEL´05

---------------------------------------------------------------------------------
A liberdade de expresión é poder expoñer libremente a túa opinión persoal sobre algo. Poder dicir, gústame isto, ou isto ou non me gusta. Poder poñer a camiseta de Nunca Máis cando Fraga veu inaugurar a biblioteca, sen que a bibliotecaria te mande coa leria a outro lado. Poder dicir a verdade diante de tod@s, aínda que esta non beneficie a algúns/as. Poder opinar sobre calquera tema. Poder dicir, hoxe non como sopa. Poder falar sen limitacións nun programa radiofónico sobre o que pensas da política ou de calquera outra cousa.
E ademais de todo isto, é un dereito que temos tod@s, e non nolo poden quitar, que xa non esamos na ditadura, que Franco xa morreu. Non se pode enganar á xente dicindo só o que lle convén a determinada xente.

BY MARÍA