15.11.05

Sejuro que cando erades pequenos vos ten dito vosa avoa (e con isto que non se sintan ofendidas...) mira as formijas pobriñas que intelixentes e que traballadoras son e mira as cijarras que aproveitadas, condenaaaaadas!... Todo mentira, as formijas son todas unhas especuladoras que o único que saben é asoballar nas cijarras, como se a éstas non lles chejara xa con haber nacido cijarras e seren discriminadas por iso. Pois ben, este é un exemplo do distorsionadas que están as verdades nesta nosa sociedade, na que nos meten todo por un tubo e nos fan pensar o que queren, condenaaaaados...Pois eu estou en contra disto, da unificación da verdade, non pode haber varias verdades distintas para unha mesma verdade? porque se hai tantas verdades como puntos de vista e ideas, habería tantas verdades como persoas (dato aprox.), entón chejamos á conclusión de que nós non temos ideas senon que son as ideas as que nos teñen a nós e as que fan de nós o que queren. E esta sería a razón pola que todos somos tan ijuais por fóra e tan distintos por dentro. Tamén sería por iso que o que hai sempre nos parece inxusto aínda que sexa xusto, pois todos son condenadas formijas e cada un de nós somos cijarras; botádelle imaxinación,que isto é interesante...
BY MARÍA