14.6.05

FIN DE TEMPADA...

Dúas semanas... Dúas semanas para que remate o curso... Vacacións de verán... Para uns/has, descanso, traballo para outr@s, incluso haberá quen teña que seguir estudiando (que non deixa de ser traballo)... Pero para tod@s nostalxia... Alomenos para min... Nesta época sempre me poño algo triste, pero agora é cando máis, este curso... Este curso foi o mellor da miña vida, aínda que poida parecer unha tontería. O mellor, e con diferencia. E vou botar moitísimo de menos a toda esa xente que vía todos os días e que aínda verei durante estas dúas semanas escasas; non podo crer aínda que xa non a verei durante moito tempo. E, en especial... En fin, esa xente especial saberá, se le isto, que son el@s, porque sei que o saben (ou se cadra algún/ha non, porque a verdade non o adoito demostrar). En fin, que sen vós, non vou ter con quén meterme e voume aburrir... xD (é coña). En fin, espero vervos algún que outro finde, e aer se tamén nas festiñas, ou incluso na praia, vai ti saber! jeje ;P Eña, un bikazo para tod@s. E pasádeo o mellor que poidades!!! (que conste que imos seguir publicando neste blog... Polo menos eu, que xa lle pillei o gustiño xD así que xa sabedes, se tedes Internet a man, e estades desesperad@s sen saber qué facer, e vos apetece pasar o tempo paranoiando un cachiño, xa sabedes ;D)
E ISO, EN FIN...
ALEXIEL