12.6.05

XA VES QUE COUSAS SE NOS VEÑEN Á CABEZA...

Eu estaba un día paseando polo monte e escoitei un ruído moi forte. Seguín andando e cheguei a unha praia. O mar estaba embravecido e o ruído era cada vez máis forte. Na praia non había ninguén e eu seguín andando, ata que me atopei con algo na area. Parecía unha man, así que empecei a apartar a area e tirei por ela. Cando acabei, co que me atopei foi cunha muller morta. Collín algo de medo, polo que a voltei soterrar. O ruído era cada vez máis forte e eu tiña medo. Empecei a correr, pero por máis que corría non podía saír da praia.
BY MARÍA
----------------------------------------------------------------------------------
Por que é tan sinxelo rematar coa vida de calquera ser? Podes matar a quen che pete cando che dea a gana, que, total, a xustiza pronto te deixa saír do cárcere. A vida é fráxil. Amor, soidade, fortaleza, covardía... Os sentimentos humanos son moi complexos, nin nós mesm@s os entendemos. Ás veces ata podemos chegar a envexar a outros seres sen esa capacidade de razoamento que nos diferencia. Ás veces queremos estar sen iso que nos fai únic@s: os sentimentos e a personalidade. Non sei, é raro. O traballo, por que ese tópico de que nos amarga tanto? Eu non sei outra xente, pero eu, sen facer nada, apalancada na casa, abúrrome, non me sinto viva, preciso facer algo, mínimo que sexa. Se cadra son un becho raro, pero, nese sentido, non o creo. No fondo, tod@s fan igual; necesitamos razóns para vivir o día a día. Hai cousas que golpean moi forte na túa vida, outras que nos fan cambiar tanto unhas veces, menos, outras veces. E incluso sen darnos de conta. Cousas que se clavan no máis profundo de nós mesm@s, ás veces tamén inconscientemente; non sabemos que as temos. Pero é preciso que pasen cousas así, para poder sentirnos human@s. Alguén sen dor ou sen vivenzas é coma se non estivese, coma se non vivira, coma se non existise. E case sempre temos medo de vivir, medo da vida.
ALEXIEL´05