12.6.05

VIVINDO NUNHA REALIDADE ILÓXICA

Estou debuxando, e, de repente, todo se volve escuro. O folio ilumínase, e o debuxo cobra vida, sae do papel. A luz volve sen avisar. Miro ao meu redor, e atópome nun lugar que nunca vira, misterioso, escuro, abandonado. O debuxo guíame por aquel estraño sitio, sen falar en ningún momento, sen saber eu aínda cómo era a súa voz. De súpeto, todo se deforma, a paisaxe torna a debuxada; agora o único raro alí era eu, aínda que para min o raro era todo aquilo. Síntome soa, confusa, unha gran frustración. Teño ganas de chorar.
ALEXIEL´04

1 Comments:

Blogger camballon said...

que nivelazo...!

tres bien!

19:01  

Publicar un comentario

<< Home