15.6.05

SÉCHU... PENSAR TANTO É MALO... XD (MÁIS COUSAS QUE NOS PASAN POLA CABEZA...)

Cando non che pasa nada pola cabeza é difícil escribir o que che pasa pola cabeza. E non che queda outro remedio que pensar algo rápido, e, como non atopas nada en qué pensar, a situación vólvese incómoda e bloquéaste. É como cando chegas con dous días de retraso á casa e non se che ocorre unha escusa para poñerlle a túa nai; aí é cando te bloqueas, a situación vólvese incómoda, empezas a soltar paranoias, unha detrás doutra, como estou facendo eu agora. por iso non me gusta dicir o que penso cando non penso nada. Quén me dera estar tirada no sofá. Había de non pensar en nada. Só tería que estar alí. Se quixera pensar, pensaría, senón non. Pero estou aquí e teño que escribir o que me pasa pola cabeza e como non se me pasa nada invéntoo. Aínda que a verdade xa non sei se estou inventando ou pensando... Igual penso sen darme conta... En fin, mellor é non pensar, non che entran estes dilemas.
BY MARÍA
---------------------------------------------------------------------------------
Atópome mal. Síntome mareada. Váiseme a cabeza, non a podo manter ergueita. Váiseme. Teño que mantela queda. Se a movo moito, voume. Non é a primeira vez que me pasa. Estou agotada. Non podo máis. Vai ser o sono. Vai ser que apenas durmo dende fai unha tempada. Vai ser que... Qué agobio! Teño ganas de que pasen estas dúas putas semanas! Vou botar de menos á xente. Tod@s están lonxe de min. Non vai ser o mesmo. Apenas @s verei. Non sei aínda moi ben cómo farei. O perfecto sería que estivesemos no insti, pero non fixesemos exames nin estudiaramos. Iso estaría ben. Quero que isto remate. E, por outra parte, non. Pero quero acabar con estes agobios, non ter que preocuparme tanto por todo. E quero durmir cona! Non sei de qué me queixo, se é culpa miña... Porque nunca aprendo e sempre deixo as cousas para o último momento. Por que non son capaz de organizar o meu tempo? Despois o tempo non se recupera, pasa sen máis, e non espera por ninguén. Este verán... Non me organizo e despois cánsome enseguida, e arrepíntome de non aproveitar ben cada momento. E cando me arrepinto, non estou ben. Algunha xente sábeo ben. Por que na vida hai que escoller sempre? Merda, síntome mal outra vez. Síntome fatal. Merda, isto é unha merda. Quero que se acabe, e non quero. Non podo máis. Síntome agotada, sen forzas nin vontade. E teño que escribir o que estea a pensar... Juer Séchu, que non me apetece un carallo escribir!!! E despois teño exame... Xa me estou comendo a cabeza. Por que sempre o fago? Non o podo evitar. Xa non podo máis. Xíntome mal. Non me dou centrado en nada. Estou vendo que me vou quedar en branco. Porque intento pensar, e xa estou en branco, Non sei que pasará. Non podo máis. Vou estoupar. Xa se acabou. Xa acabei. Síntoo, non vou escribir máis. Vou acabar de escoitar ao Hendrix. Gústame como soa. Qué forza transmite... (non está completo, pero non vou poñer máis... Por certo, por se Araceli le isto... Que si, era ese exame... Que o tirón de orellas sobraba jo... :( O caso é que aínda me saiu moito mellor do que esperaba :) (aínda que esa non sexa escusa... n.ñU))
ALEXIEL´05