15.6.05

"UNOS PÁJAROS DE CUIDADO"...

Imos comezar, evidentemente, por Séchu... Séchu é... É... Mmmm... Cómo dicilo... Diferente? Siiii... Séchu é diferente... É diferente si... En fin... É algo fóra do común... E iso mola... Porque é orixinal... Porque non nos fai exames e tal... E está guai... Non por iso lle queremos facer a pelota... Noooooonnnn... @ que o pense, está equivocad@... Ou tal vez non... En fin... Cómo nos raiamos...
Mariño... Mariño tamén é diferente... Pero noutro sentido... É máis complexo... Siiiii... Quén entende a Mariño? ...
[...]
Pero ten o seu lado bo... Bo? Digamos o seu lado... Salvaxe... Andorra e Italia... Aí a xente coñeceu ao verdadeiro Mariño... Que si que siiii... É difícil de crer, pero... Pero... Mellor non digo nada máis...
Araceli... Que non pon deces nin con soborno... Iso non está ben, nooooonnn... Pero tamén é booooaaa... Que si que siiii... É moi comprensiva e axuda... Cando quere... Porque ao pobre Ucho deixouno traumatizado... Non con mala intención... Pero esa psicoloxía posavaliación non é boa tampouco... Nooonn...
Carmen Souto... Que non descendemos do lemuuuurrr, que descendemos dos que descenden do lemuuuuurrr... Ela tamén é diferente... Tamén no seu campo... Porque... Porque... É moi redundante... Con tal de non darche a razón, da unha de voltas pola parra... Caaaarmen, dicímoscho polo teu beeeen, non es perfecta... Ninguén o é, así que ti tampoucoooo... E nos exames... Coidado coas mateeeeesssss... Que nos enteramos de todo, e non se poden quitar décimas así como asiiiiií... E non sexas testaruuuuudaaa... Que falar galego nas clases non che fai maaaaaaaaaaalllll...
Anxo... Anxo... Anxo... Qué pasota ereeeesss...Gústanos... Aínda que a túa dinámica tamén é diferente... A ver... Non entendemos a día de hoxe a túa forma de facer as cousas... Pero o curso xa remata... Por iso cho dicimos agora... Explicas moi raro... Pero non te preocupes, que os exames falos moi ben... Porque podémonos expresar así como sabemos e tal... E iso gústanooosss... E deixa de facer muecas... Que temos ooooolloooosss... E eses rabuñazos no pescozo... Son sopeitooooosos... Ti tamén debes ter o lado salvaxe de Mariño... Uiiiii... Dádesnos meeeeedo... Aghrrrr...
Pepa... Ai, Pepiiiiña...! Pepa... Ti tamén eres singular, muller... Pero... O teu si que é incomprensible... Porque... É que non te entendemos... E coidado coas raiiiícesss... Que reflicten a luz... E veeémolaaas... E non te fagas a remolooooona... Que fas que non te enteras das cousas, e sabes de sobra que non te entendeeeeemosss... Non sabemos o que expliiiiicaaasss... E esperemos que te portes ben este veeeeenreeesss... Porque un exame de todo o curso contigo pode ser mortaaaalll... E queremos ver O Señor dos Aneisss... Non dar claaaaseee... E a ver se endendemos dunha vez a historia oculta da peliiiícula... Aínda que xa buscamos a nosa propia... JE... JE... JE!
A ti, Mari Jose... Mira que te coñecemos pilliiiina... Podémoste chantaxear... Si si, sabes perfectamente do que estamos a falar... Non intentes tapar os ollos nin disimuuuulesss... Que tamén o sabe toda a claaaase... Que temos testemuuuuñas... Que si que si... Na libraría hai moitos folios e laaaápices... E os lápices non veñen en paqueeeetes...
Eva... Eviiiiñaaaa... Ole mi niiiña... Pois mira... Non somos ximnastas profesionaaaais... E ti sáaaabelooo... Pero tamén miras para outro laaaado... Moito vos gusta facer iiisssoooo... Facer que mirades para as moscas... Ou realmente é o que facedes? ... Vai ti saber... Ti tamén es diferente... Todos o sodes... Pero cada un á súa maneira particular... E acórdate das regueeeeifas... Sabemos o que fíxeches de mooooza... Que si que siiiii... Que non somos tooooont@s... Estabas moi alegre e contáchesnos o teu segreeeedo... Máis ben escapóuuuuuseche... Pero nós pillámolas no aaaaire... E encántanos a chantaaaaxe... Queremos boas noooootaaaaaaaaaaaaaaaaaasss... Siiiiiii...
Loooola... A nosa cristiana favoriiiita... Xa non discutimos contiiigooo... É inuuuuútil... E a ver cando nos explicas o de... Iso, que os bebés nin veñen de París, nin os trae a cigüeña, nin se atopan nunha colifloooorrr... Que o amor sen preservativo non impide a reproducción masiiiiiva... Nin as enfermidaaaaades... E non se poden confundir os nomes da xeeeeente... Ai Lola, Lolita, Lola... Que che van quitar puntos no carneeeeé... Ir pola estrada co coche mentres rezas o Rosario é perigoso, que esas cousas descentran a cabeeeeza... Ándate con olliiiiño, que hoxe en día todo é conducción temeraaaaria... Que si que si...Ti si que es diferente... Pero tes un defecto... Aínda non nos deches a coñecer o teu lado salvaaaxe... E iso de poñernos pelis sopas non funciona connosco... Nooooooooonnn... Temos as ideas moi fiiiixas, e non se nos pode lavar o cereeeeebro... Que aquí temos a toda unha veterana resistindo coas moooonxas... E elas tampouco puideeeeron... Xa son dous anos contigo... Acórdate de nooooós... E coidadiño cos gaaaatos... E sigue así coa túa feeeee... Que o respectaaaamos... Que tod@s temos algunha forma de pasar o tempiiiiño...
Manolo... O teu... O teu é diferente de máis... Porque oe, que falar está ben... Pero sempre de motos e talleres e carreiras e viaxes en moto e motos por aquí e circuítos por acolá... Que tampouco faltaron outros temas... Dillo a Jorge... Pero ese, non o tomes a mal... Deixámolo un pouco raiado... Que si que si... Pero non eres mal tipo... Nooon...
Ana Belén... Jo tía... O sea... Vale?... Lo entiendes, no?... Sabemos que eres moi traballadoooora... Pero non fai falta que nolo recordes a todas hoooooras... E ti tamén debes ser dese grupiiiiño... Siiiiiiiiiiiiiii... Desa especie de secta que pasa de nós e fai que non se entera de naaaaaada...Que non te entendemos, tía, sabes?... Explicas moi raaaaro... Nos entiendes?... E as láminas que nos dás para que as fagamos nós... Por favor... Que caaaaadrennnn... Porque senooooón... Pasa o que paaasa... Porque é normal que paaaaase... Que logo descentrámonos e non sabemos o que temos diaaaante... E unha cousiiiiña... Que non somos fillos de Leonardo Da Vinnnnnnci... Que xa hai moitos anos que morreeeeu... E non sabemos pintar coma eeeeelllll... É a crúa realidaaaaade... Aínda que queiras que fagamos marabiiiiillaasss... E con tanta teoriiiiía... E que non te asimilaaaamos... Ai Belén, Belén... É imposiiible...
Hai Antoniño Antoniiiiiñooo... Perdes moito os neeeervos... As tilas son boooooas.... Que siiiiiiiiiiiiiii... De verdaaaaaaade... Que a porta non se abre así coma asiiiiiiiiiiiií... Que se estamos no corredor é por aaaaaalgo... Hai que darlle tempo a Tania a subir as escaleeeeeiras... E logo tena que abriiiiir... Cos dentes non damos... Si si, Antonio... Ti tamén es diferente... Cómo non... E que nos gustan os xerseis que che fai túa avoa... Moi ben feitiiiiiños... Pero para vir ao instituto... E mira... Somos de poucos recursos lingüísticos... Éche o que hai...
Aurora... Éticamente falando... E bo rolliño ehhh... Ti tamén perdes un pouco o rumbo... Non fagas coma Antonio mulleriiiiña... Que eres boa tipa, pero ás veceeeeessss... E a todo o mundo haille que puntuar o traballo que fai... Que si que si... Que se unha persoa fai o mesmo ca outra, tratando sobre o mesmo, non se lle pode poñer a unha un 7 e a outra un 5... Iso non é ético nin moraaaaal... E a ver se poñemos zapatos da taaaalla... Porque podes tropezar, e unha cousa que se chama gravidade faite caer ao chaaaannn... Senón dillo a Newton... Pobre, menudo chichón lle debeu quedar... E xa nos cansamos de escribir... Ala...
Ao profesorado en xeral... Agora en serio... Todo isto é de bo rolliño eh, non o facemos con mala fe, aínda que se a alguén lle parece mal, cambiámolo. Pero non é para que o tomedes a mal nin nada polo estilo :) Que pasedes un bo verán tamén ^o^ Bicos para tod@s :)