9.5.06

FLUXO CATÓDICO

Se a igrexa, os gobernos e todos os censores que no mundo foron se houbesen adicado a prohibir, por exemplo, as coleccións de selos, oxe quizáis miraríamos unha teta ou unha polla con menos tensión, mentres que mirar unha estampa de correos produciría suores fríos.Nos shows nocturnos vese moi ben a "evolución" do tema en España. Só hai que botar unha ollada a programas como o foron crónicas marcianas, la vuelta al mando, na actualidade TNT... que explotan a agradecida fórmula de mesturar contidos máis ou menos sociais con tetas e con cús, vídeos caseiros que mostran parellas entregadas ao desordeado apetito do deleite carnal... todos eles de penosa calidade, rodados dende lonxe e con cámaras domésticas (asegurando deste xeito suficiente autocensura para que as escenas non sexan explicitamente X).Pero esta ausencia de sexo esplícito nas cadeas xeralistas deu lugar a un curioso fenómeno de expansión pornográfica: as televisións locais; dende canal Deza ata tele Gijón, oxe en día a programación catastrófica de "cine X" é un feito de norte a sur.Outra suplencia evidente dana as cadeas de pago. Canal Plus optou pola emisión de porno codificado de madrugada que logra audiencia incluso en fogares sen descodificador.En canto a Canal Satélite e Vía Dixital, emiten porno diario e ofertas de pago por visión.Agora ben, se es un perturbado sen causa nin remedio e non dispós das cadeas de pago, que sepas que gran parte da culpa téñena a igrexa, os gobernos, e os que se adicaron a converter o sexo nalgo vulgar e inmoral.Pero non te desesperes, que non todo está perdido, sempre terás a posibilidade de satifascerte con momentos coma os interminables desfiles de macizas e machotes en roupa interior (momentos das variedades de José Luis Moreno e doutros moitos programas con aspiracións jeje), os momentos de teta-suxerida-traseiro-cinquido como nos vixiantes da praia, os anuncios de leite hidratante, os aparatos de ximnasia de teletenda e sobre todo as azafatas (de súper martes, telecupón, grand prix, un dous tres...)...

MARÍA

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Canta razon tes, e certo que o sexo segue a ser tabu ainda que pareza mentira, todos estes anos de represion fixeron que algo tan bonito e natural inicio da vida, sexa mais censurado incluso que a sua contrapartida o fin da vida, a morte, porque si vos fixades a morte amosase sen reparos en todolos medios e explicitamente, unha serie coma p.e. CSI onde saen formas de morrer explicitas coma se dunha carta dun restaurante se tratara aparece en horario de maior audencia, namentres que unha pelicula na que simplemente se vexan mais de duas tetas queda relegada á madrugada, o cine tende ao realismo pero nas peliculas os actores seguen a facelo sexo tapados coas sabas. sexo ceibe!!

13:55  
Blogger Made in Galiza said...

Ola, é que pasaba por aqui e picoume a curiosidade, sabiades que estades no posto 539 dos blogues galegos na lista de www.blogaliza.org? A lista é de case dous mil blogues, así que non está nada mal, non?

# Adonis
# albertemoman
# aldaias
# Além das lembranças
# AnXoS cAíDoS <<<<<<<<<<<<<<<<<<
# arcal
# armental
# arrebolando o ferrado
# arrenego !!


saúdos

séchu

18:58  

Publicar un comentario

<< Home