8.1.06

A QUE CHAMAMOS PROGRESO?

Internet... Revolución dos medios de comunicación, en constante cambio e evolución. Variado e útil, nel podes atopar de todo, dende información para un traballo, pasando por curiosidades, aficcións, noticias, música, cine, compartir opinións, publicacións... Ou incluso falar con xente que se atope na outra punta do mundo. Pero... É todo evolución? Non todo o que Internet trae consigo é bo. Como todo, en exceso causa estragos. E, pola súa aínda bastante recente apertura ao mundo, a xente non está mentalizada. Non se pode abusar. E isto parece agradar moito a colectivos infantís, adolescentes ou xoves adultos.
Penso que os maiores perigos de Internet son os timos e certo tipo de hackers; por outra banda, e aínda o peor, son os chats mal usados. Moita xente non adoita distinguir entre a rede e o mundo real, cérrase ao que ve na pantalla, incluso illándose do resto do mundo, fabricando un universo aparte, onde poden recrearse dun xeito totalmente diferente, presentando unha personalidade totalmente distinta á propia, cambiándose ou formándose do xeito que sempre quixeron ou co que pensan se poden relacionar mellor coa xente, porque na rede ninguén te coñece e a ninguén lle importa. Todo é frío e calculado, manipulable, inhumano e sen sentimento. Onde están os límites? Que diferencia a rede do mundo que todos coñecemos? No futuro, a rede será o poder... O mundo será a rede... O mundo estará totalmente informatizado... Cal será entón o límite entre realidade e a ficción?... Cambiaranse os verdadeiros amigos por un montón de cables cunha pantalla? Ou a calquera tipo de persoa, mercado, calquera cousa? Tal vez vin demasiadas películas... Pero isto xa existe...

Os videoxogos... Creáronse como pasatempo para todas as idades... Pero chegaron a ser algo máis... Polo xeral, a xente aficciónase moito aos videoxogos, incluso partidas en Internet. E é perfectamente normal. Que adolescente hoxe en día non oíu falar dos videoxogos? Ou quen non pasa se lle cadra por un salón de xogos? É normal. Vale. Pero o que non é normal é que, cada vez en máis casos, estes pasen a estas hora tras hora diante da pantalla do ordenador con eses videoxogos, illándose totalmente, obsesionados en pasar de nivel, e con xogos cada vez máis violentos. Os nenos cada vez se aficcionan máis á tele e aos videoxogos, e ademais xogan sós. E cos non tan nenos penso que pasa un pouco igual, pero weno, supostamente teñen máis sesera e van controlando. Supostamente... Porque tamén son os que teñen ingresos e compran xogos ata encher a casa, que cos pequenos iso aínda se vai restrinxindo... Tal vez, algunhas persoas precisen doutro tipo de emocións que buscan neste soporte...
A televisión... Medio de comunicación de masas... No que todas as canles loitan pola audiencia de calquera maneira, sexa ou non todo o rastreira que poidas imaxinar... O único que importan son os cartos... E nótase... Porque mira que non botan paridas nin nada na televisión... É que non trago os programas do corazón... Qué puto asco... A min que carallo me importa a vida desa xente que non ten outra cousa que facer que rañar a barriga? O peor é que lle pagan por facelo... Abóndame con saber que é da xente que coñezo, ou? E aínda así, moitas veces resúltame difícil. Póñenme mala, de verdade. E, outro exemplo... Que horas son esas para a programación infantil? Xa me dirás que fan en pé case de madrugada eses meniños pa ver os debuxos... E a pouca programación que poida parecer algo interesante bótana ás tantas da noite... Ou a publicidade que nos queren meter polos ollos... Menuda comedura de tarro... Ou a cantidade de veces que botan as mesmas películas... Bendito videoclube... xDDD
Todos eles progresos, ou alo menos esa é a intención da súa invención. Todo ten pros e contras, alomenos no mundo da lóxica. Só é un pequeno exemplo das contradiccións que invaden hoxe a mente. Isto é medio paranoia, coma todo o que poño por aquí, pero ten moita parte de base real. Claro que tamén teñen a súa parte positiva, tan real coma a negativa, e tamén existen moitos máis exemplos, porque todo ten cousas boas e cousas malas, todo se contrapón e equilibra, pero xa bastante escrito está, teña ou non sentido algún... Fai moito que o gardara nun rincón do disco duro do meu ordenata, coma outras moitas cousas que tal vez mostre tamén, que non é nada a fin de contas, pero que aí está, e púxeno. Algo é algo, e algo tiña que poñer, e algo puxen. En fin, que cadaquén pense o que queira, que eu tamén fago uso desa liberdade. Usémola para progresar, ou polo menos intentémolo. Non a deixemos abandonada nun rincón conformándonos con todo o que se nos di. PENSA CON LIBERDADE E FAI USO DA RAZÓN, NON PENSES O QUE PENSAN OS DEMAIS POLO SINXELO FEITO DE QUE ELES O PENSEN, E PENSA NO QUE PODES PENSAR.
TODO ISTO PA CHEGAR A ESA CONCLUSIÓN?... XDDD
ALEXIEL

1 Comments:

Anonymous Inchadinho said...

Hola compañeiro, quero decirche que estou totalmente dacordo coas tuas ideas.
penso que toda esta idea de que estamos na era da comunicacion e a información e tan so unha falsa verdade, a xente parece estar mais comunicada pero en realidade cada vez estamos mais sos, as actividades son cada vez mais individualistas, xa non se ven rapaces xogando na rua co seu amigo xoan, agora estan na casa botando unha partida con "Pacey" e iso o que somos simples nomes nun monitor?. pos outra banda disque cada vez estamos mais informados, pero...informados do que pasa? ou tal vez informados do que os medios queren que pensemos que pasa? porque non nos engañemos a prensa nunca di a verdade.

14:28  

Publicar un comentario

<< Home